Zapatero afirma ter ata 8 fórmulas para denominar Cataluña

Segundo o presidente do goberno, as súas fórmulas non son tan complicadas como a opinión pública pensa, senón que son alternativas sólidas nas que ambas partes quedarán satisfeitas. El Estatut, un documento de trinta páxinas aproximadamente, é un asunto de espinosa actualidade e de difícil solución... O Estatuto Valenciano foi rapidamente despachado, pero cando se fala de nacións... A maioría dos partidos, e o partido maioritario por desgracia, pensa que de nación, pásase a Estado, e que se consideramos nación Cataluña, máis tarde esta, pasarase a independizar de España. Cal será a denominación que se lle colgará a Cataluña? "Territorio que é España pero é un pouco máis independente porque ten unha lingua, cultura e folclore diferente"? Pois algo así, seguramente... Que podemos esperar?
3 comentarios
Andresinho -
Considero que tes razón, somos unha nación con moita desvantaxe a diferencia da vecina cataluña, pero debemos pensar tamén, o motivo da súa riqueza... O estado español invertiu máis cartos naquela zona durante a revolución industrial, cataluña ten o máximo expoñente cultural de España con Barcelona, é rica en turismo costeiro, e ademais, foi propulsada por políticas menos conservadoras e máis puxantes que as de Fraga en Galiza... Non sei, Galiza é unha nación, e o país Vasco e Cataluña... Sempre me preguntei como España pode ser un país e non unha unión de federacións independentes...
prometeo -
A min o que me preocupa e como eles son tan ricos e nós tan probes.
E o desacougo aumenta debido a que esa diferenza vai a ir a mais se o PSOE segue a governar en españa. En galiza e unha incógnita sobre todo cun pinochet que temos na coruña.
Cústame escreber isto pero o PSOE "la esta cagando bien cagada", nunca debeu formalizar un pacto de governo con ERC, porque quen o vai pagar son as comunidades menos desenvoltas coma a nosa.
dvdmuros -
Weno my friend eu penso ko asunto de Catalunya non deberia de ser tan complicado, pois xa adentrandonos no seculo XXI é de esperar k se repudie unha Constitucion fascista.
Eu considero que Catalunya pode e debe de ser catalogada como nazón, pois posee unha cultura, costumes e sobre todo lingua, diverxentes ás do Estado.
Ah! algo k engadir, o señor Paco Vázquez, alcalde da cidade de A Coruña, alzou bandeiras coas cores españolas e rodeounas de gorilas para asegurar a sua permanencia ali no alto.
Este caso si que é tremendo, pois como membro do PSOE (teoricamente) deberia de ser + respectuoso cos do seu partido, pero xa se sabe de que vai, A Coruña con el é territorio alleo a Galiza e a España, vai por libre..
Beña artista siguelle dando caña! Sorte!